Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 2
Clasificación Genérica Acibechería; Obxectos devocionais; Escultura; Artes plásticas
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Taller compostelán
Título Inmaculada
Materia/Soporte Acibeche
Técnica Talla
Dimensiones Profundidade = 2,60 cm; Altura = 7 cm; Anchura = 2,90 cm
Descripción Pequena escultura da Inmaculada Concepción que se atén aos esquemas máis tradicionais de representación. Vista de fronte, coas mans xuntas á altura do talle. Viste roupa que chega ata os talóns describindo pregues con bastante verticalidade sobre a que luce un manto que recolle na súa parte dereita. Asenta sobre a media lúa e aparece rodeada dunha orla calada. A figura está sobreposta a unha esfera facetada que representaría o globo terráqueo e que parecer ser unha doa tallada das utilizadas para a confección de colares e rosarios traballada por separado. O reverso da imaxe está sen tallar.
É posible que a representación da Virxe formase parte dunha peza composta (rosario, colar,...) e que a bola sobre a que se sustenta fose engadida con posterioridade.
Iconografia Inmaculada Concepción
Datación 1601=1800
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Devocional. Posiblemente unha Avemaría dun rosario de gran tamaño ou medallón dalgún colar.
Descriptores Geográficos Santiago de Compostela
Clasificación Razonada A meirande parte dos produtos elaborados polos acibecheiros encádranse dentro do apartado de obxectos relixiosos e/ou devocionais. A partir do século XVI a maior parte dos artesáns reproducen, con escasas variacións, os tipos preexistentes e introducen escasas innovacións tanto tipolóxicas como técnicas, caracterización esta que ten pervivido en boa medida ata a actualidade.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6